Momán acolle a entrega de diplomas do curso 16/17 da UNED Sénior

O acto desenvolverase nas naves de Momán este xoves 27 de xullo a partir das once da mañá. Posteriormente, as persoas asistentes participarán nun xantar de confraternidade no restaurante Tino.

/ Enviado por redactor o Mér, 26/07/2017 - 14:04

Máis de 200 persoas achegaranse este xoves 27 de xullo a Momán para recibir os diplomas do curso 16/17 da UNED Sénior.

Desta volta será, polo tanto, o municipio de Xermade o que acolla a entrega destes diplomas emitidos dende a sede central da UNED en Madrid. Ademais do alumnado de diversos concellos que participan no programa coma Rianxo, Lousame, Guitiriz, Paderne, Irixoa ou Monfero, tamén participarán no acto que se desenvolverá a partir das once da mañá o alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, e outras autoridades civís e académicas.

Despois das actuacións dos grupos de música da UNED Sénior, os e as asistentes participarán nun xantar de confraternidade no restaurante Tino de Momán.