Monumento aos trapeiros, por Antón Tenreiro

Os Vilares é coñecida como a parroquia dos Trapeiros pola tradición dese oficio entre os habitantes do lugar ao longo de moitos anos do pasado século. Un oficio que chegou a ter xente en cada casa da parroquia de Díaz Castro e que axudou a quitar fame e mesmo a ter ingresos extras en tempos dificiles.

/ Enviado por redactor o Ven, 07/07/2017 - 18:14

Trapeiros como Pedro Patricio chegaron mesmo a ser protagonistas de poemas, artigos e composicións musicais de recoñecidos artistas e autores. Levaron artigos de primeira necesidade, contos e curacións a apartados lugares da xeografía galega e mesmo de Asturies, León e norte de Portugal e o nome dos Vilares dedo Parga foi recoñecido alén da Chaira por estes viaxeiros comerciantes.

Os Vilares conta hoxe con diversos monumentos adicados a Diaz Castro, o máis coñecido, o busto de Raúl Río nas Reixas (Raúl será o Trapeiro de Honra 2018), outros no Vilariño ao pé da casa e da palleira e un monumento na ruta da pedra ao canteiro do Soprón ben merecido, pois a mediados do século pasado Os Vilares contaba co 90% dos canteiros de Guitiriz.

Outro monumento con motivos de simboloxía mortuoria pre-cristiana foi construido pola Comunidade de Montes no aparcadoiro fronte ao cimeterio que ten xerado controversias pola instalación e a oportunidade desas grandes pedras ao igual que a pedra ao pé da casa de Díaz Castro polo placa cutre hoxe xa deteriorada. Outras que deixou a natureza pousadas no monte dos Vilares, foron roubadas para adorno dunha área recreativa en Begonte na N-VI como é o caso da Pena da Silla.

Sin entrar en debates concretos de cada caso nin na tendencia pomitica a deixar pegada con pmacas e monumentos alí onde se.pode sacar rédito electoral, o certo é que nos Vilares, segunda parroquia do concello de Guitiriz, botase eno falta un monumento aos trapeiros que debe figurar en algún espazo do adro nas Reixas, centro neurálxico do lugar, como homenaxe a tantas persoas que con un oficio humilde, axudaron a manter ás familias e mesmo troxeron cultura e coñecemento a unha pequena.parroquia chairega en tempos duros.

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños ten encargado un boceto ao artista e artesano chairego Marcos Ladra e se ten interesado diante da diocese de Mondoñedo Ferrol para a posible instalación no campo da festaAsociación, da súa propiedade, para trasladar esta proposta ás institucións. O convite está feito...

Antón Tenreiro.