Mozos e mozas da Escola Municipal de Teatro de Vilalba representan "Supermáis" e "Usa o coco, rapaz"

A representación terá lugar este mércores 29 de xuño a partir das oito e media do serán con entrada da balde no auditorio municipal.

/ Enviado por redactor o Mér, 29/06/2016 - 17:08

Os grupos xuvenís da Escola Municipal de Teatro de Vilalba pechan o curso 15/16 nunha mostra de dúas funcións: "Supermáis" e "Usa o coco, rapaz".

Ambas pezas serán postas enriba do escenario do auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba este mércores 29 de xuño a partir das oito e media do serán con entrada de balde.

Pero as actividades da Escola Municipal de Teatro non rematarán ahí; xa que o sábado 9 de xullo os seus integrantes participarán activamente na recreación dunha festa de fai 50 anos coa que o IES Basanta Silva pecha as actividades do seu Cincuentenario.