Muimenta prepara xa a MOEXMU 2018

A comisión da XXXIV Mostra Exposición de Muimenta participaba xa nunha primeira reunión onde barallan como previsible data para a súa celebración entre o venres 6 e o domingo 8 de abril de 2018.

/ Enviado por redactor o Lun, 31/07/2017 - 11:48

Celestino Méndez preside a comisión organizadora da XXXIV Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU na que o acompañan Ramón Ares, Antonio Cupeiro, Álvaro Engroba, Antonio Iglesias, Carlos Novo, Camilo Pérez e Mariano Rodríguez.

Trala súa primeira reunión de traballo, as datas previsibles para a celebración da edición da MOEXMU, Concurso de Gando Frisón, Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e Poxa de Bando Selecto 2018 será entre o venres 6 e o domingo 8 de abril.

Igualmente, a XXVII Festa da Filloa celebrarase o martes 1 de maio.