O 31 de agosto remata o prazo de solicitude de resolución gratuíta de incidencias na recepción da TDT en Vilalba

O servizo é ofrecido pola entidade Llega 800 co obxectivo de solicionar as posibles afectacións na recepción da sinal por mor da implantación do servizo de telefonía móbil de cuarta xeración (4G).

/ Enviado por redactor o Lun, 07/08/2017 - 15:51

O servizo de telefonía móbil de cuarta xeración (4G) a través da banda de 800 MHz  pode producir afectacións na recepción de sinal de televisión dixital terrestre (TDT) no municipio de Vilalba.

Con todo, a entidade Llega 800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT de xeito gratuíto para os cidadáns afectados co obxectivo de garantir a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil sen que afecta á TDT.

Tendo en conta que por Orde Ministerial o prazo para solicitar estas actuacións en caso de afectacións é de seis meses trala posta en marcha do servizo nas estacións de telefonía móbil, xa ten rematado para o concello de Vilalba. Aínda así, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas o vindeiro 31 de agosto ante "posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz".

Deste xeito, os veciños e veciñas afectadas poden poñerse en contacto con Llega 800 no teléfono 900 833 999.

Futuras instalacións de telefonía

O municipio poderá recibir nun futuro novas estacións de telefonía móbil na banda de 800 MHz no caso de que os operadores o consideren necesario para a mellora do servizos. Nese caso, volveríase abrir un prazo de seis meses para atender de forma gratuíta as incidencias que se produciran.