O Concello de Muras impulsa dúas charlas informativas sobre a presenza da polilla guatemalteca na pataca

O responsable de agricultura en producións extensivas de UUAA e o concelleiro de medio rural ofrecerán as dúas charlas o venres 10 de marzo ás cinco no Viveiró e ás seis e media en Muras.

/ Enviado por redactor o Xov, 02/03/2017 - 18:31

A presenza da polilla guatemalteca nos cultivos de pataca centrará dúas charlas que organiza o Concello de Muras para o vindeiro venres 10 de marzo.

A primeira desenvolverase no colexio do Viveiró ás cinco da tarde e a segunda, ás seis e media no local social de Muras (antiga cooperativa).

Ante a presenza da tecia solanivora nos concellos da contorna, o responsable de agricultura en producións extensivas de UUAA, José Ramón González, e o tenente de alcalde e concelleiro de medio rural e medio ambiente, Mario Rouco, informarán aos participantes sobre os danos causados pola larva tanto no campo coma no almacén.