O Concello de Vilalba da a coñecer os horarios das escolas deportivas 17/18

O período de inscrición, aínda sen datas establecidas, abrirase como de costume durante o mes de setembro.
/ Enviado por redactor o Mar, 20/06/2017 - 12:34

O Concello de Vilalba publica os novos horarios das escolas deportivas 17/18 que manterán doce disciplinas: Zumba, baloncesto, fútbol, fútbol sala, judo, ioga, loita olímpica, tenis, tenis de mesa, triatlón, ximnasia rítmica e Pilates. 

O departamento de Deportes municipal indica que "son pequenas as modificacións con respecto ao horario do curso anterior".

O período de inscrición, aínda sen datas establecidas, abrirase como de costume durante o mes de setembro.