O Consello Regulador da D.O.P. San Simón da Costa renova os seus órganos de goberno

Constituído o novo Consello Regulador da DOP San Simón da Costa.

Daniel Pérez foi elixido presidente e Adela Fernández, vicepresidenta, do Consello Regulador da DOP San Simón da Costa.

/ Enviado por redactor o Lun, 31/07/2017 - 11:45

Daniel Pérez, da SAT Daniberto, foi elixido por unanimidade presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa que contará con Adela Fernández, de Prestes SL, como vicepresidenta. 

A elección tiña lugar trala constitución do novo Consello Regulador elixido nas urnas. Fulieiro SC e SAT Casa Caetano –polo sector produtor- e Daniberto SAT, Prestes SL, Cristina Román (Queixería Don Gabino), Cas Leiras SL e Crisanto SAT –polo sector elaborador- foron os vogais electos que participaban na votación.

O acto de toma de posesión dos cargos electos estivo presidido o 18 de xullo pola pola Xefa Territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo, Mª Olga Iglesias Fontal.