O Espazo Xove de Vilalba clausura o curso cos habituais torneos de fútbol e baloncesto 3x3

Tamén se desenvolverá un torneo de tenis de mesa entre o 19 e o 22 de xuño e unha masterclass de Zumba o último día pouco antes da clausura.

/ Enviado por redactor o Lun, 12/06/2017 - 00:09

O Espazo Xove de Vilalba, dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, abre o prazo de inscrición para participar nos torneos de fútbol e baloncesto 3x3 e tenis de mesa que se celebrarán entre o 19 e o 22 de xuño na Praza da Constitución coincidindo coa clausura das súas actividades do curso 16-17.

O XXI Torneo de Fútbol 3x3 admite xogadores e xogadoras das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil igual que o III Torneo de tenis de mesa. Pola contra, no XIX Torneo de Baloncesto 3x3 as categorías serán de 9 a 14 anos, de 15 a 18 e de 18 a 39.

O acto de clausura, coa entrega de premios, desenvolverase o 22 de xuño a partir das sete e media da tarde despois dunha sesión de Zumba aberta ao público.

Os interesados e interesadas en participar xa poden inscribirse en horario de tarde no Espazo Xove ou  a través do teléfono 982 82 83 40.