O IV Premio de investigación Xermade na Historia repartirá 3.000 euros

O alcalde de Xermade e o profesor da USC Suso Rodríguez cos premiados na pasada edición.

O premio que ostenta xa un percorrido de tres anos recibindo traballos de calidade volve ser convocado polo Concello de Xermade, a asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago.

/ Enviado por redactor o Mar, 11/07/2017 - 00:15

O Concello de Xermade, a Asociación Veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago convocan, por cuarto ano consecutivo, o IV Premio de investigación Xermade na historia.

O premio xa empeza a ostentar unha entidade polo seu percorrido, polos traballos presentados e pola dotación económica que, neste caso, será de 2.000 euros para o primeiro premio e 1.000 euros para o segundo.

As persoas interesadas poderán participar a nivel individual ou como colectivo con cantos traballos desexen. Con todo, os traballos deberán relacionarse co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, literatura oral, costumes, etc.).

O prazo de entrega dos traballos en lingua galega remata o 16 de febreiro de 2018.