O Vilalba FS renova a Iago, Freire e Roi

Estas tres renovacións súmanse ás anteriores de Jose López, Tucho, Paulo, Nuninho e ás incorporacións de Rubén Mouriz e Asier.

/ Enviado por redactor o Lun, 31/07/2017 - 12:02

Os xogadores da canteira do club Iago, Freire e Roi continuarán outro ano máis no Vilalba F.S. de Terceira División Nacional.

“Iago” seguirá unha temporada máis defendendo a portería cumplindo a súa quinta temporada no club. “Freire”, que cumplirá a súa terceira temporada como xogador da primeira plantilla, intentará estar ao gran nivel acadado a pasada temporada. E “Roi”, o capitán, cumplirá a súa oitava temporada no club intentará ser de novo un dos máis goleadores do equipo.

A directiva do Vilalba FS continúa co período de renovacións e incorporacións para a vindeira temporada. Estas tres renovacións súmanse ás anteriores de Jose López, Tucho, Paulo, Nuninho e ás incorporacións de Rubén Mouriz e Asier.