Obradoiros, deporte e visitas no campamento de verán do Concello de Cospeito

As actividades desenvolveranse entre o luns 10 e o luns 31 de xullo.

Son un total de 40 rapaces e rapazas as participantes nestas actividades que se estenden dende o luns 10 ao luns 31 de xullo.

/ Enviado por redactor o Mér, 12/07/2017 - 01:35

Ata 40 rapaces e rapazas participaban no campamento de verán do Concello de Cospeito dende este luns 10 de xullo ao 31 deste mesmo mes.

Os participantes disfrutarán de actividades diversas coma obradoiros de manualidades, xincanas acuáticas, rutas de sendeirismo e orientación, obradoiro de primeiros auxilios, reciclaxe e culturas mundiais, xogos populares, deportes olímpicos, obradoiro de elaboración de filloas e mesmo inclúe unha visita a unha explotación gandeira e unha noite no albergue municipal.

O luns 31 rematará cunha festa de despedida.