Os catro equipos de Xermade disputan en agosto o VII Trofeo Manuel González Fernández

Os encontros disputaranse o sábado 5, domingo 6 e martes 15 de agosto nos campos de Xermade, Cazás, Cabreiros e Roupar.

/ Enviado por redactor o Sáb, 22/07/2017 - 21:52

O Concello de Xermade organiza, coa colaboración da Deputación de Lugo, a sétima edición do Trofeo Manuel González Fernández no que se medirán o Xermade, Roupar, Cazás e Cabreiros.

O primeiro encontro entre Xermade e Roupar disputarase o sábado 5 de agosto ás seis e media da tarde no Campo de Xermade e o segundo, entre Cazás e Cabreiros o domingo á mesma hora en Cazás.

Xa o martes 15 de agosto se celebrará en Cabreiros ás once da mañá o encontro polo terceiro e cuarto posto; mentres que ás seis e media da tarde se xogará a final en Roupar.