Saen polo seu propio pe os tres ocupantes dun vehículo despois de envorcar en Muras

O suceso ocorreu sobre as nove e media da mañá, na LU-540, subindo A Gañidoira.

/ Enviado por redactor o Ven, 03/02/2017 - 19:25

Tres persoas resultaron feridas este venres na localidade de Muras despois de envorcar o turismo no que  viaxaban. O suceso ocorreu sobre as nove e media da mañá, na LU-540, subindo A Gañidoira. Foi, precisamente, un dos ocupantes o que alertou ao 112 Galicia. Indicou que o vehículo estaba envorcado e non podían saír do seu interior.

Así, de inmediato, dende o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Vilaba, aínda que, nese intre, o alertante xa confirmaba que os tres ocupantes estaban fóra do turismo. Ademais de alertar aos membros do parque comarcal, o persoal do 112 Galicia, solicitou a intervención do persoal sanitario e dos axentes de Tráfico.