Tres distancias na terceira ruta btteiros Cova da Serpe o 2 de setembro

Os interesados en participar nesta cita deberán inscribirse previamente -ata un límite de 222 persoas- por un prezo de entre 12 ou 22 euros máis 13 polo xantar.

/ Enviado por redactor o Ven, 21/07/2017 - 00:53

A Ruta BTTeiros Cova da Serpe chega á terceira edición o vindeiro sábado 2 de setembro con tres distancias diferenciadas.

A ruta corta será de 40 km de distancia e 750 metros de nivel acumulado e cunha dificultade técnica e física media. A ruta media, de 52 km con 1400 metros de desnivel, é de dificultade técnica media e alta físicamente; mentres que a ruta máis larga tamén establece unha dificultade técnica media, pero unha nivel de dificultade física moi alto para rematar os 60 km con 1.700 metros de desnivel.

Haberá avituallamento, servizo de duchas, lavado de bicis, xantar e agasallo conmemorativo. A hora prevista de saída é as nove da mañá dende o Campo da Feira. A recollida de dorsais poderase efectuar dende as oito da mañá.

A organización establece un límite de 222 inscritos a través de http://bttcovadaserpe.galitiming.com por un prezo de 12 euros para os participantes federados, 22 para non federados e 13 a maiores para o xantar no restaurante La Casilla. Os interesados en obter máis información poden contactar co enderezo electrónico btteiroscovadaserpre@gmail.com