Un gandeiro ferido en Xermade ao recibir a patada dunha vaca

O suceso tivo lugar nunha granxa de Momán.

/ Enviado por redactor o Sáb, 08/07/2017 - 16:48

Un traballador dunha explotación gandeira resultou ferido este sábado en Xermade tras recibir a patada dunha vaca. Segundo se lle indicou ao 112, o animal propinoulle un golpe nunha perna.

As instalacións nas que se produciron os feitos sitúanse no Palacio, na parroquia de Momán. O propio dono da granxa contactou co 112 Galicia ás doce do mediodía para explicar o ocorrido. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e á Garda Civil.