XOTRAMU viaxa a Eslovenia para presentar xogos tradicionais galegos

O colectivo foi convidado pola organización deste encontro que se desenvolverá entre o sábado 8 e o domingo 9 de xullo en Pirano (Eslovenia).

/ Enviado por redactor o Sáb, 01/07/2017 - 17:49

Xotramu representará  Galicia como único invitado do estado Español no 25 aniversario de "O Pandolo", un xogo parecido á billarda e que en Eslovenia está catalogado como deporte nacional.

Ademais da presentación de "O Pandolo” entre o sábado 8 e o domingo 9 de xullo na Piazza Tartini da cidade de Pirano haberá competicións de distintas variedades de billarda, así coma presentación de xogos tradicionais doutros países. 

Xotramu achegará “o ferrón”, “o ferrete”, as tartarugas, xogos de habilidade “e algún máis que collan nas maletas”.