Actividades para persoas maiores en Outeiro de Rei

Do 15 Feb ao 30 Mar Axenda

Continuando coa programación de actividades para persoas maiores 2017/2018, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as seguintes:

PRIMEIROS AUXILIOS E COIDADOS BÁSICOS DE SAÚDE, curso impartido polo ATS Mario Rivas Carro que se celebrará no Centro Cultural de Outeiro de Rei os martes do mes de marzo en horario de 17:00 a 19:00 h e para o que se pode solicitar praza do 12 de febreiro ao 2 de marzo.

TALLER DE MEMORIA que se celebrará igualmente no Centro Cultural os mércores do mes de abril en horario de 10:30 h a 12:00 h que terá aberto o prazo de solicitude  do 12 ao 30 de marzo.

Ambas actividades son gratuítas e as persoas interesadas en asistir  poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura de luns a venres en horario de  10:00 h a 14:30 h ou chamando ao teléfono 982 393 408 nos prazos de inscrición indicados.