Andaina Popular Concello de Friol

O 21 Set 2019 Axenda

O Concello de Friol xunto co Club de Atletismo Friol, organiza un ano máis a súa tradicional Andaina Popular Concello de Friol que será o sábado 21 de setembro con saída ás 11 da mañá dende a Casa do Concello ata chegar á Torre de San Paio.

A inscrición pode realizarse de xeito gratuíto ata o 19 de setembro.

Ademais, a organización porá a disposición dos participantes botellas de auga aínda que recomenda que cada un leve a súa botella.

A previsión e volver a congregar a centos de persoas como en anos anteriores, en especial á xente maior que é moi habitual destes eventos.