"Axudas técnicas para a mellora da vida diaria no coidado e autonomía das persoas": xornada informativa

- Biblioteca Municipal (Xermade) - Mar, 21/02/2017 - 19:00 -

O Grupo de Coidadores do Concello de Xermade organiza unha xornada informativa sobre axudas técnicas para a mellora da vida diaria no coidado e autonomía das persoas impartida pola terapeuta ocupacional Helena Traveso.

A charla, que se centrará na figura do Terapeuta Ocupacional como profesional sociosanitario e na súa contribución á calidade de vida das persoas nas súas áreas de desempeño funcional, desenvolverase o martes 21 de febreiro a partir das sete do serán na Biblioteca do concello de Xermade.

O taller será concibido como un lugar de co-aprendizaxe na que os contidos abordados se adaptarán ás propias experiencias e expectativas dos participantes. 

A profesional incidirá no coñecemento de apoios técnicos para o coidado e a promoción da autonomía das persoas, e en como adaptar obxectos cotiás ás necesidades do coidado. 

A actividade está aberta a toda a poboación interesada, previa comunicación da súa asistencia no teléfono 982 501 001 ou na Casa do Concello de Xermade.