Belén de Begonte

Do 1 Dec ao 26 Xan Axenda

Abre unha nova edición, a 47ª,  do Belén Electrónico de Begonte, cita declarada de interese turístico galego.

Os interesados en coñecer esta espectacular representación tradicional do nacemento de Xesús, poden facelo desde o sábado 1 de decembro ata o 26 de xaneiro. Tamén é posible, previa reserva, organizar visitas colectivas.

Unha vez máis o Belén complétase coa convocatoria de certames culturais, en concreto, os de pintura de tema libre, e relacionados con Nadal, os de poesía, xornalismo e debuxo infantil, dotados todos eles con distintos premios e agasallos. Os visitantes deste ano atoparán algunha sorpresa nas figuras expostas, como todos os anos.

Tamén está prevista a tradicional exposición de fotografías “imaxes do Belén”, que rotará polos concellos de Guitiriz, Rábade e Vilalba, así como a mostra coas obras presentadas no certame de arte na sala de exposicións da Xunta de Galicia, que tamén terá parada na Casa da Cultura de Begonte.

Consulta o actividades aquí.

Consulta os certames aquí.