Campamentos de verán en Rábade

Do 25 Xuñ ao 13 Xul Axenda

O Concello de Rábade oferta, un ano máis, dous Campamentos Urbanos e un Campus de Patinaxe.

Tódos os interesados poderán anotarse a partir do día 2 de maio. As prazas son limitadas e por rigurosa orde de inscrición.

 CAMPAMENTOS URBANOS

A pretensión do campamento é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexa partícipe da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico deseu entorno.

– Actividades de Aire Libre: Técnicas de orientación e rastreo, e marchas.

– Actividades Medioambientais: Reciclaxe e reutilización, xogos medio ambientais e actividades de coñecemento do entorno fluvial e terrestre.

– Actividades Deportivas e Predeportivas: Fútbol, baloncesto, rugby, béisbol.., olimpiadas, liguitas, deporte non competitivo,xogos predeportivos e deportes alternativos.

– Obradoiros: Obradoiro de móviles, maquillaxe, artesanía, murais, cómic, libretas de area e bailes de salón.

– Grandes xogos e Animación: Trivial, Misión Imposible, Ximkanas..

Do 2 ao 6 de xullo. Nenos de 4 a 7 anos .

Do 9 ao 13 de xullo. Nenos de 8 a 12 anos.

O Horario do Campamento é de 10:00h a 20:00h e o prezo é de 40 € por nen@ e as inscricións faranse na Área de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9 a14h. (prazas limitadas e por orde rigurosa de inscrición).

CAMPUS DE PATINAXE

Terá lugar os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.

Neste campus os nenos de 5 a16 anos farán:

– Adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte en patíns

– Xogos tradicionais

– Xogos con material alternativo.

Tódolos nenos/as que queiran participar deberán inscribirse no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de 9:00h a 14:00h. (prazas limitadas e por orde riguroso de inscrición). O prezo é de 40€/ neno.