Ciclo de Teatro en Begonte

O 9 Nov 2019 Axenda

O grupo Castiñeiro Milenario de Begonte continuará o día 9 coa representación dunha nova obra do Ciclo de Teatro, que se atopa na súa sétima edición.

A obra representarase ás sete da tarde na Casa da Cultura de Begonte dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo e coa colaboración do Concello de Begonte.

Trátase da obra Comedia Bífida, a cargo do grupo Touporroutou. Esta obra trata dunh xuízo á lingua ou, máis ben, ao emprego que dela fan os galegos. A obra é de Manuel Núñez Sigala e está dirixida por María Jesús Rábade Cacharrón.