Circo en Meira

O 15 Ago 2019 Axenda

O Circo Menudo estará o 15 de agosto en Meira dentro do programa das festas patronais e como sorpresa para todos os veciños.

A sesión circense, na que participará Tanito Clown e no que haberá maxia, cancións e skets, terá lugar a partir das 19.00 horas na praza Maior.

Esta actividade está dirixida principalmente ao público familiar.