Clasificatorio e provincial de campo a través en Vilalba

Do 25 Xan 2020 ao 2 Feb 2020 Axenda

Un ano máis, Vilalba acollerá o campionato provincial de campo a través, que congregará a 450 participantes en diversas categorías na capital chairega. Esta competición englóbase dentro da iniciativa Xogade, o programa de deporte en idade escolar impulsado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Nos días pasados disputouse a fases preparatoria, mentres que a clasficatoria desta especialidade terá lugar este sábado mentres que a final provncial deixarase para o 2 de febreiro.

Está previsto que as probas se desenvolvan entre as 11.00 e as 13.30 horas e a entrega de medallas será ás 13.45, aproximadamente. O lugar escollido para o evento será o Estadio da Magdalena. Participarán unos 300 corredores das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete procedentes dos municipios de Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Guitiriz, Outeiro de Rei e Mondoñedo.

Nestas carreiras decidirase quenes serán os representantes da comarca no provincial, no que se estima xa unha participación de 450 escolares.

Pasarán á última proba os oito atletas máis rápidos de cada categoría e os dous mellores equipos.

Malia que o evento está organizado pola Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, o Concello de Vilalba aporta o avituallamento e as instalacións para este evneto que se sucede un ano máis.