Clausura curso 16/17 Espazo Xove

- Espazo Xove (Vilalba) - Xov, 22/06/2017 - 19:30 -

O Espazo Xove de Vilalba, dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, clausura as actividades do curso 16-17 cos torneos de fútbol e baloncesto 3x3 e tenis de mesa que se celebrarán entre o 19 e o 22 de xuño na Praza da Constitución.

O XXI Torneo de Fútbol 3x3 admite xogadores e xogadoras das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil igual que o III Torneo de tenis de mesa. Pola contra, no XIX Torneo de Baloncesto 3x3 as categorías serán de 9 a 14 anos, de 15 a 18 e de 18 a 39.

O acto de clausura, coa entrega de premios, desenvolverase o 22 de xuño a partir das sete e media da tarde despois dunha sesión de Zumba aberta ao público.