Concerto de Carlos Núñez en Meira

O 13 Ago 2019 Axenda

O Concello de Meira acollerá o día 13 de agosto unha das actuacións de Carlos Núñez, que está a realizar a súa xira de verán.

Este concerto está organizado con motivo da celebración do décimo aniversario da confraría de Meira, que se conmemora con actos durante todo o ano.

A actuación será no mosteiro de Santa María a partir das 20.00 horas e servirá de prórroga á celebración das festas do 15, as patronais desta localidade.

As entradas están xa á venda a un prezo de 22 euros na Oficina de Turismo de Meira e en ataquilla.com.