Concerto no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba

O 17 Mai 2019 Axenda

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba celebrará tamén o Día das Letras Galegas coa actuación da Coral Parroquial de Riotorto, que actuará ás 20.00 horas no centro.

Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de empanadas caseiras para todos os asistentes.