Curso de condución segura na Pastoriza

O 20 Out 2019 Axenda

O circuíto da Pastoriza acolle o 20 de outubro un novo curso de formación de particulares. A principal característica deste curso é a personalización absoluta, dado que é o monitor, que sempre acompaña ao alumno, quen se vai adaptando ao nivel de cada un deles. Así mesmo pode realizarse as veces que se desexe porque a formación é continua e sempre se van introducindo novos conceptos e perfeccionando os anteriormente adquiridos.

O curso terá unha duración dunha xornada e dará comezo ás 9.00 horas ata as 18.00 con sesión teórica a primeira hora e dúas sesións de prácticas ás 10.45 e 15.30.

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Os que desexen inscribirse poden facelo a través do teléfono 650 367 521 ou no correo info@ptcescuela.com.