Curso de Habilidades informáticas en Outeiro

Do 7 Set 2019 ao 14 Dec 2019 Axenda

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades incluídas no programa de Actividades de Promoción da Muller 2019.

A primeira actividade será un curso de Habilidades informáticas que será os sábado de 10 a 12 do 7 de setembro ao 14 de decmbro. Impartirase na aula de informática e terá un prezo de 20 euros. Para esta actividade ofértanse 8 prazas.

As prazas cubriranse por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio con respecto ás de fóra. Poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de 10.00 a 14.30.

Igualmente, aínda quedan prazas vacantes no curso Habilidades informáticas onde se tratarán temas como internet e os seus riscos, como funciona a sinatura dixital, configurar o teléfono ou o ordenador… Esta actividade, incluída na citada programación, está dirixida a homes e mulleres.