Curso de Reciclaxe e restauración de mobles en Outeiro

Do 30 Set 2019 ao 29 Out 2019 Axenda

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades incluídas no programa de Actividades de Promoción da Muller 2019.

A finais de setembro dará comezo o curso de Reciclaxe e restauración de mobles, actividade que se realizará no Desván de Mamén en Robra do 30 de setembro ao 29 de outubro; para esta actividade ofértanse un total de 16 prazas que se distribuirán en dúas quendas e as participantes terán unha reunión previa o martes día 24 de setembro, ás 17.30 o primeiro grupo e ás 18.30 o segundo grupo para ver os traballos que se van realizar e o material que se precisa mercar. Este curso terá un prezo de 20 euros.

O prazo de inscrición para estas actividades permanecerá aberto ata o 20 de setembro ou ata cubrir prazas. As prazas cubriranse por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio con respecto ás de fóra. Poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de 10.00 a 14.30.