Curso de Scrapbooking en Outeiro

Do 4 Out 2019 ao 20 Dec 2019 Axenda

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades incluídas no programa de Actividades de Promoción da Muller 2019.

En outubro haberá un curso de Scrapbooking, que consiste en combinar nun papel ou cartulina as fotos e recortes, engadindo calquera tipo de adorno comos botóns, flores, cintas, selos, letras, metais…, realizando estas combinacións conseguise un albúm de fotos. Esta actividade realizarase do do 4 de outubro ao 20 de decembro e oferta 15 prazas a un prezo de 20 cada unha. Impartirase no Centrol Cultural.

O prazo de inscrición para estas actividades permanecerá aberto ata o 20 de setembro ou ata cubrir prazas. As prazas cubriranse por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio con respecto ás de fóra. Poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de 10.00 a 14.30.