Cursos da Aula Cemit de Guitiriz

Do 19 Set ao 12 Dec Axenda

A Aula Cemit de Guitiriz ten proxectos nos meses de outubro, novembro e decembro uns dez cursos vinculados ao uso das novas tecnoloxías.

Así, en outubro a formación comezará o día 3 sobre recursos  e utilización do navegador Google Chrome, para seguir o día 10 falando do uso de Google Maps. O 15 haberá un cursiño sobre fotografías con teléfonos intelixentes, o 24 explicarán os fundamentos básicos de Facebook e o 31 as aplicacións para entrenar a memoria a través do móbil.

En novembro so cursos darán comezo o día 7 co curso Características dos dispositivos conectados e werables. O 14 centraranse nas aplicacións móbiles de utilidade nas viaxes. O 21 falarán sobre video dixital e o 28 sobre lectura dixital.

O último dos cursos previstos será o 12 de decembro e falará sobre como utilizar Youtube y los canais de vídeo.

Esta programación contempla dous cursos celebrados xa en setembro, sobre o  uso do teléfono intelixente e aplicacións móbiles.

Os cursos desenvolveranse en horario de 10.30 a 12.00 horas e a matrícula pode realizarse no propio telecentro de forma presencial ou no correo aulacemitguitiriz@gmail.com.