Cursos de retoque fotográfico e internet en Bretoña

Do 10 Out ao 31 Dec Axenda

A asociación sociocultural de Bretoña, organiza un curso de retoque fotográfico e outro de manexo de internet.

Os cursos están programados para que empecen o día 10 de outubro, e a data límite de inscrición finaliza o día 30 de setembro.

O de retoque fotográfico será os mércores e o de internet os xoves, ambos serán de de 20:15 a 21:30.

O custe do curso é de 20 euros para socios e 25 euros para non socios.