Desfile de murgas e comparsas

- Vilalba - Mar, 28/02/2017 - 17:30 -

O martes 28 de febreiro Vilalba acolle o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila a partir das cinco e media da tarde amenizado coa charanga de Vilalba e Charanga DGT.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios no templete da Praza da Constitución.

Inscricións

O prazo de inscrición comeza o luns 6 de febreiro ata o venres 24 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello entre as nove da mañá e as dúas do mediodía. Tamén é posible inscribirse a través dun formulario dispoñible na web do Concello.