Día das Letras Galegas en Reigosa, Pastoriza

O 17 Mai 2019 Axenda

A Asociación de Veciños da Reigosa, na Pastoriza, organizou para mañá, venres, unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Antón Fraguas.

A celebración dará comezo ás 16.30 coa actuación do grupo de gaitas Biouteiro, seguido dun recitado da obra de Antón Fraguas. Actuará tamén a Agrupación Nove Ferreñas e o grupo de baile de Iago Domínguez.

Finalizará a actividade cultural unha merenda, ás 18.30, gratuíta para todos os asistentes.