Día do Libro en Vilalba

Do 20 Mar ao 20 Abr Axenda

‘Un libro por unha cita’

Entre o martes 20 de marzo e o venres 20 de abril de 2018, estarán repartidos na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura de Vilalba 24 libros variados destinados a distintas idades (infantil, xuvenil e adultos). Atoparánse numerados e a súa identidade será unha incógnita, posto que estarán perfectamente envoltos. Cada un terá no exterior do envoltorio un papeliño cunha cita pertencente ó mesmo. Así que, veciños e veciñas de Vilalba, achegadevos a ler estas citas para tratar de descubrir a súa identidade.

Cada persoa escollerá un dos libros dispoñibles na Biblioteca Municipal ou na Casa da Cultura para tratar de descubrir de cal se trata. Deste xeito, terá que escribir nun papel que lle facilitarán, cubrirá un apartado de datos persoais e despois introducirá o papel nun sobre co número do libro correspondente, e entregarao ao persoal da Biblioteca Municipal ou da Casa da Cultura, segundo sexa. Este facilitaralle un resgardo co número do libro que tentou descubrir. Todos os sobres que se foron recollendo introduciránse en bolsas numeradas e cada bolsa corresponderá a un libro.
No acto previsto para a conmemoración do Día do Libro na Casa da Cultura (luns 23 de abril de 2018 ás 20:00 horas), unha persoa das presentes na sala introducirá a man e escollerá ó azar un dos sobres de cada bolsa. O primeiro que saia de cada unha e que teña os datos do libro correspondente correctos, será premiado con dito libro. A participación é presencial.

Concurso ‘Libro, cámara e acción’

O concurso destinado a todos os públicos, consiste na elaboración dun vídeo nun formato estándar (dun máximo de tres minutos de duración) no cal se dramatizará ou escenificará un fragmento dunha obra literaria de calquera xénero.

A persoa ou persoas cuxo vídeo resultou finalista recibirá un diploma e un lote de libros de María Victoria Moreno, autora á que se lle adica o Día das Letras Galegas no 2018. O gañador do concurso será agasallado cun diploma e cunha tablet de última xeración.
O prazo de envío será dende o martes 20 de marzo de 2018 ata o xoves 19 de abril de 2018

ANÍMATE E PARTICIPA!