Día do Socio da Asociación Carballo Vivo

O 15 Set Axenda

A Asociación cultural Carballo Vivo de Friol celebrará o 15 de setembro o Día do Socio cunha serie de actividades que se alongarán durante toda a xronada.

A celebración terá lugar na área recreativa do Carballo e contará cun almorzo con chocolate, xogos populares, música, xantar e cea. Ademais, para todos aqueles que aínda lles queden forzas haberá ruta nocturna.

Todas estas actividades serán gratuítas para os socios e os que queiran asistir sen selo de deberán abonar 12 euros.