Día do Socio de Carballo Vivo en Friol

O 14 Set 2019 Axenda

A Asociación cultural Carballo Vivo de Friol celebrará o sábado 14 de setembro o Día do Socio cunha serie de actividades que se alongarán durante toda a xronada.

A celebración terá lugar na área recreativa do Carballo e contará cun almorzo con chocolate, xogos populares, música, xantar e cea. Tamén haberá zona de acampada.

Ademais, haberá ruta nocturna para todos aqueles que se sintan con forza.

Estas actividades serán gratuítas para os socios e os que queiran asistir sen selo deberán abonar 12 euros.

A data de inscrición pecha o xoves 12.