Día Mundial do Alzheimer en Vilalba

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo organiza os actos de celebración do Día Mundial do Alzheimer 2017 que se conmemora cada 21 de setembro.

En Vilalba, os actos desenvolveranse o sábado 16 de setembro no auditorio municipal Carmen Estévez a partir das oito e media do serán.

Será a Banda de Música de Vilalba a encargada de abrir o aco para deixar paso á actuación do Mago Antón.

Posteriormente o mércores 20 no Círculo das Artes de Lugo actuará o coro infantil do Conservatorio Xoán Montes de Lugo e a Banda Obradoiro da Filharmónica de Lugo ás sete e media para deixar paso ao mago Antón cara ás nove do serán.

Finalmente, o xoves 21 os actos de AFALU rematan con mesas informativas na praza Maior de Lugo e no edificio administrativo da Xunta ao longo da mañá. E, pola noite, iluminarase de violeta a fachada do edificio da Deputación Provincial.