‘Dous fillos da Ponte de Outeiro. Manuel Becerra e Crecente Vega’: presentación

O Concello de Castro de Rei organiza a presentación do libro Dous fillos da Ponte de Outeiro. Manuel Becerra e Crecente Vega de Manuel Vila e Xosé Antonio Pombo Mosquera que terá lugar o venres 15 de setembro a partir das oito do serán na Aula da Cultura do Concello de Castro (Castro de Ribeiras de Lea).