"El secreto del bosque": documental

- Casa das Ínsuas (Rábade) - Ven, 17/02/2017 - 20:30 -

O vindeiro venres 17 de febreiro, no C.E.N Casa das Insuas, a Asociación Galega de Custodia do Territorio presenta o documental "El Secreto del Bosque", da ONG galega Waka Films.

Un traballo sobre a riqueza natural de Guinea Ecuatorial, onde o seu bosque tropical constitúe unha das poucas zonas de selva virxe que aínda nos quedan no mundo. Descoñecido e inexplorado, este bosque garda moitos segredos baixo o seu denso manto de vida.

Tamén participará xente do equipo de Waka Films que detallarán os contidos deste apaixoante proxecto desenvolvido en Guinea Ecuatorial.