Entroido en Vilalba

Do 13 Feb ao 14 Feb Axenda

O martes 13 de febreiro celebrarase a festa de entroido de Vilalba, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30h, amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, e o grupo Fanfarria Taquikardia. Posteriormente efectuarase a entrega de premios na carpa institucional da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición comezou o 17 de xaneiro e remata o venres 9 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. Podes consultar ás bases no seguinte ligazón Bases Concurso de Entroido 2018

En caso de condicións climatolóxicas adversas os actos celebraránse na carpa institucional.

O mércores 14 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza de Sta. María, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba e co acompañamento musical do Grupo Mato Vizoso.