Excursión de Meira a Meira de Moaña

O 12 Out 2019 Axenda

O cura de Meira-Pol organiza unha excursión parroquial de Meira de Lugo a Meira de Moaña para o día 12 de outubro.

Esta excursión terá saída ás 8.00 horas do sábado, e ten un prezo de 25 euros por persoa, no que está engadido o xantar.

Para participar haberá que anotarse antes do día 9 de outubro chamando a Miguel, o cura de Meira-Pol, ao 658 370 318.