Exposición Contornos en Vilalba

Do 23 Abr 2019 ao 23 Mai 2019 Axenda

A XII exposición itinerante Contornos pretende ser o escaparate das obras que expoñeron no XVIII encontro de torneiros de madeira, onde medio cento de torneiros mostraron a evolución do torneado que trata de manter vivo este oficio e recuperalo para que volva a ser un oficio de futuro. Estará na Casa da Cultura ata o 23 de maio.

O horario da Casa da Cultura, é de luns a venres de 11h a 13h e de 17:30h a 21:00h.