Exposición Cousas de Pepe de Pígara en Guitiriz

Do 21 Xuñ ao 31 Xul Axenda

Coincidindo coas festas patronais, o Concello de Guitiriz inaugura o día 21 a mostra Cousas de Pepe de Pígara, unha mostra que representa unha viaxe aos anos 50, 60 e 70. O seu obxectivo é amosar o moito que cambiou a vida de todos e a cultura nos últimos anos a través do uso de obxectos cotiáns.

A mostra estará na Casa Barxa ata o 31 de agosto. A inauguración terá lugar ás 17.00 horas na praza do Ecce Homo.