Exposición de pintura en Guitiriz

Do 27 Abr ao 29 Xuñ Axenda

O Concello de Guitiriz inaugura a exposición Paisaxes que namoran da artista con raíces guitiricense Mª José Rodríguez.
O pasado venres, día 27 de abril, foi inaugurada unha exposición de pintura da artista multidisciplinar, con raíces guitiricenses e afincada en Vilagarcía de Arousa. A mostra leva por título Paisaxes que namoran e atópase no Salón de Plenos das dependencias municipais. Estará aberta dende o 27 de abril ate o 29 de xuño. Consta de 16 cadros dos que 15 son acuarelas e un de técnica mixta

O horario da exposición é de luns a venres agás festivos, de 9 a 14 e de 17 a 20 horas
Pódese solicitar visita concertada fóra dese horario 982,37.01.09 ou info@concellodeguitiriz.com