Exposición en homenaxe a Mirian Vázquez en Vilalba

Do 31 Mai 2019 ao 15 Xuñ 2019 Axenda

Inaugurase en Vilalba na sala de exposicións do Auditorio Carmen Estévez o día 31 de maio a exposición en homenaxe a Mirian Vázquez.

É unha exposición de fotografía feita con moitísimo amor e ganas de contar ao mundo como é a vida con cancro. Miriam era un apersona que tivo diferentes tumores desde a infancia ata o día da súa morte, con tan só 23 anos, pero era unha persoa que transmitía enerxía e ganas de vivir, de contar ao mundo.

Ao día seguinte de inaugurar, a asociación de Nete fará no auditorio un acto para recaudar diñeiro para a asociación de Somos, que é unha asociación que formou Miriam cos seus pais e amigos, para axudar a xente que padece a enfermidade.