Exposición Só Lapis de Xesús Trastoy

Do 14 Xul ao 20 Ago Axenda

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a Exposición de Debuxo SÓ LAPIS, do vilalbés XESÚS TRASTOY.

O acto de inauguración terá lugar o sábado, día 14 de xullo de 2018, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal.

A mostra confórmana un total de 52 debuxos en pequeno formato realizados a lapis e poderase visitar, en horario do Auditorio, ata o 20 de agosto.