Exposición sobre Fauna Chairega en Vilalba

Do 23 Mar ao 30 Abr Axenda

O vindeiro venres, 23 de marzo de 2018, ás 20:30 horas, na sala de exposicións do auditorio municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a exposición denominada Fauna Chairega, de Manuel Sanmartín Fernández e José Juan Manzano de la Concha. Esta exposición é a combinación de senllas mostras dos autores antes mencionados, cun denominador común: animais do entorno da Chaira. Permanecerá aberta ao público no horario habitual do Auditorio ata o 30 de abril de 2018.